PROCEDEMENTO INSCRICION ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021-2022
venres, 16 de xullo de 2021
xoves, 8 de xullo de 2021
PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS DE COMEDOR 2021-2022
Estimadas familias,
están publicadas as listas de comedor 2021-2022 no taboleiro interior do centro a día 8 de xullo.
Dispoñedes dun prazo de 5 días, do 9 ao 15 de xullo, para presentar alegacións, de ser o caso, na secretaría do centro.
O día 20 de xullo publicaranse as listas definitivas.
Un cordial saúdo
O equipo directivo
MES DE XULLO: HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Estimadas familias,
o horario de atención ao público de Secretaría dende o día 7 e ata o 15 de xullo será de 9.30 a 11.30 h.
A listaxe definitiva do fondo de libros e as listaxes de alumnado admitido e reservas de comedor atopáranse expostas no taboleiro interior do centro.
Publicación o 8 de xullo.
Un cordial saúdo
O equipo directivo
luns, 5 de xullo de 2021
RECORDATORIO AXUDAS DE LIBROS E FONDO DE LIBROS
Estimadas familias,
A modo de recordatorio informamos:
Venres 2 de xullo, publicamos a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do fondo de libros. Só aparece o número de libros adxudicados.
5 e 6 de xullo. Reclamacións á listaxe de libros.
9.15 a 13.30h. Entrega de vales de libros e material.
8 de xullo. Publicación da listaxe definitiva de libros do fondo. Listaxe cos libros adxudicados.
Setembro. Entrega de libros ás familias.
Un saúdo. O equipo directivo
venres, 2 de xullo de 2021
PUBLICACIÓN DE INSTRUCIÓNS PARA O CURSO 2021-2022
RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.