luns, 24 de maio de 2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 21 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

xoves, 20 de maio de 2021

ACLARACION ENTREGA SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Estimadas familias, a entrega da solicitude de transporte é presencial en secretaría, con cita previa. Se alguén excepcionalmente tivera problema para entregala contactar co centro. 

Un saúdo.

O equipo directivo.

mércores, 19 de maio de 2021

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 Prazo: do 24 de maio ao 7 de xuño

Petición de cita para trámite no teléfono 881880903.

SOLICITANTES:

A) NON ten que facer nova solicitude, o alumnado que xa está no centro e é usuario lexítimo (domicilio a máis de 2 km)

B) SI ten que facer unha nova solicitude para o curso 2021-2022

1. Alumnado que xa está no centro e é USUARIO EXCEPCIONAL durante o curso 2020/2021

2. Alumnado que xa está no centro, non usa transporte neste curso, e quere facer uso do transporte, tanto excepcional como lexítimo, para o vindeiro curso ou necesite cambiar de parada.

C) Novo alumnado. Solicitude no momento da matrícula

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Impreso transporte

Impreso transporte excepcional

Solicitude de dúas paradas diferentes por conciliación

Outros: Rutas de transporte

Volante de empadroamento, de ser o caso.

Impresos á disposición das familias tamén na secretaría do centro.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

SOLICITUDE EXCEPCIONAL

SOLICITUDE DE DUAS PARADAS CONCILIA

RUTAS TRANSPORTE

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

 

Publicouse a listaxe definitiva de novo alumnado admitido e non admitido para o curso 2021-2022.

Non houbo variacións con respecto ás listaxes provisionais  

Formalización de matrícula: do luns 21 ata o mércores 30 de xuño, ambos inclusive.

Publicaremos toda a información da matrícula na web .

LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS ( 1962-2003)

 


Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

 O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

DATAS DAS CHARLAS FORMATIVAS: 24  e 25 de maio

DIRIXIDAS AAlumnado de 5º e 6º

                        Profesorado do centro

TEMÁTICA:  Acoso escolar e ciberacoso.

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

 Na seguinte ligazón podedes ver as actividades do 23 de abril, Día do Libro.

 

A ligazón é a BIBLIOGALAN

Agardamos que vos gusten. Parabéns a todos e a todas!