luns, 26 de abril de 2021

3 de Maio, día non lectivo

Estimadas familias, o vindeiro luns día 3 de maio, non é lectivo, é o día que solicitou o centro para este curso escolar (artigo 7 do calendario escolar 2020-2021).

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO/ NON ADMITIDO

 Publícanse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no proceso de admisión para o curso 2021/2022.

Pódense consultar no taboleiro interior do centro ou ben na aplicación, se foron presentadas pola sede electrónica.

Poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

Galán- Oseiro, 20 de abril de 2021

xoves, 15 de abril de 2021

ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA NO CENTRO

 Para acceder á información sobre o cuestionario de diagnose sobre a convivencia. Picade aquí.

O martes 13 de abril envíanse as cartas coas claves ás familias. Se algunha familia ten problema coa clave pode contactar co centro.

Adxunto Tamaño guia_uso_censual_2021.pdf


Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

 Xúntase Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021 e modelos oritentativos.

Orde do 2 de marzo de 2021 (DOG)

Circular 2/2021


Prórroga da vixencia dos libros de 4º de Primaria

 A Xunta prorrogará a vixencia dos libros de 4º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO para evitar un gasto extraordinario nas familias.

POÑENDO "A PUNTO" O HORTO

 



PARABÉNS AO ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E IMAXE

 O luns día 15 de marzo recibiron o premio unha alumna e dous alumnos do noso centro, das clases de 6ºC, 5ºC e 5ºB pola súa participación no concurso do CIM de Arteixo. O premio foi entregado pola Concelleira Inés Ramos no Centro Tecnolóxico.

OS NOSOS PARABÉNS!