mércores, 4 de decembro de 2019

Doazón de libros

Dende a directiva da A.N.P.A. Manuel Murguía e, en colaboración coa dirección do centro C.E.I.P. de Galán, queremos facer unha recollida de libros de lectura para nenos ata 3º de primaria para doar ás escolas unitarias da zona.
Esta doazón é voluntaria. Se tedes algún libro na casa en bo estado de conservación que queirades doar, podedes deixalo no centro dende o día 9 de Decembro ata o 13 de Decembro.

luns, 25 de novembro de 2019

04/12/19: Asamblea xeral ordinaria

Dende a directiva da A.N.P.A. Manuel Murguía convocamos ás familias para Asamblea Xeral
Ordinaria.
A asamblea terá lugar o vindeiro 4 de Decembro de 2019  ás 19:00 horas nas instalacións do
colexio C.E.I.P. de Galán en primeira convocatoria e ás 19:30 horas, en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA:
  1. Cambio na directiva da A.N.P.A
  2. Estado de contas
  3. Aplicación e autorización de presentación de axudas e subvencións
  4. Rogos e preguntas



venres, 15 de novembro de 2019

Celebra o Magosto coa ANPA


Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar o MAGOSTO, para o dia 29 de Novembro, en horario de 16:00 a 18:00. É obrigatorio que os nenos veñan acompañados dun adulto.
Para unha boa organización necesitamos confirmación de asistencia para organizar a festa  dun xeito adecuado. 
Deberase confirmar entregando a circular cuberta: na caixa de correo da ANPA, ou ben por correo electrónico antes do 24 do Novembro.

luns, 30 de setembro de 2019

Benvida ao curso 2019/2020

Dende a A.N.P.A. Manuel Murguía damos a benvida a tódalas nais e pais ao novo curso escolar 2019-20. Empezamos este curso recordándovos que en breve teremos unha reunión para todos os pais e nais do alumnado. Como se falou na última reunión do curso pasado temos en proceso a renovación da Xunta directiva.

mércores, 20 de febreiro de 2019

INVITACIÓN A XII FEIRA MATEMÁTICA: 30 de Marzo.



AGAPEMA NOS INVITA A XII FEIRA MATEMÁTICA.



Hoxe facemonos eco, da seguinte invitación que nos remite a profesora da Facultade de CIencias da Educación e membro de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática): María Cristina Naya Riveiro.


AGAPEMA organiza na cidade de A Coruña a XII Feira Matemática o día 30 de Marzo dende ás 11h00 ata ás 20h00, en Palexco.


Invitannos a disfrutar un ano mais deste evento lúdico.


Invitación XII Feira Matemática 30.03.19

martes, 19 de febreiro de 2019

ENTROIDO EN GALAN



CELEBRAMOS O ENTROIDO 




Onde:        C.E.I.P de Galán

Cando:      01/03/2019 16:30-18:30

Custo:       Para socios é totalmente gratuito,
                Para non socios ten un custo de 5€/ neno

Obrigatorio:


  • Os nenos virán acompañados por un adulto.
  • Pasalo ben.

Voluntario:
  • Vir disfrazados pequenos e maiores, ainda que sería xenial vir todos disfrazados. A temática non importa ainda que como ben sabedes os nenos virán acordes a personaxes de comics.
  • Como é unha festa de convivencia poderedes colaborar con productos típicos do entroido: roscas, filloas, orellas...
Por temas organizativos necesitamos confirmación de asistencia, preferiblemente a través do correo electrónico ou da caixa de correo da Anpa antes do día 25/02/2019.


Cicular entroido 2019

mércores, 30 de xaneiro de 2019

INVITACIÓN AL PARTIDO DE BALONCESTO DEL BASQUET CORUÑA





          Desde Jardanay, la empresa que gestiona el servicio de madrugadores y comedor, nos llego un email esta mañana para indicarnos que SerOcio, la empresa que organizó la Fiesta de Fin de Curso 2017/2018, nos ofrece    invitaciones para el partido de baloncesto del Basquet Coruña.

        Para poder apuntaros os dejamos recorte de la invitación de SerOcio.

      Suerte a todos!!




mércores, 23 de xaneiro de 2019

CONVOCATORIA ASAMBLEA XUNTA EXTRAORDINARIA


DATA: Venres 25 de Xaneiro.
HORA: 20 horas
LUGAR: C.E.I.P de Galán


ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado das contas.
3. Cambio da directiva con data Xuño 2019 e convocatoria de eleccións
da Xunta Directiva
4. Comedor e madrugadores
5. Entrega carnets de socio
6. Festas curso 2018/2019
7. Rogos e preguntas