martes, 27 de febreiro de 2018

Carnet de socio da ANPA Manuel Murgía. Colexio Público de Galán



Estimados páis,
xa temos dispoñible os carnet de socios da ANPA que podedes pasar a recoller os martes e xoves de 9h a 9:30h.
Con este carnet poderedes acceder a descontos nos comercios que pertencen ao Centro Comercial Aberto de Arteixo que podes consultar nesta ligazón.

Camiño sen límites 2018. Primeira Etapa: Caión Baldaio

"Camiño Sen Límites 2018". Roteiros para desfrutar en familia da paisaxe.
Primeira etapa (Roteiro ConCiencia): Aquí podes descargar o cartaz da primeira etapa CAIÓN – BALDAIO de 8,5 kms, que faremos a un ritmo baixo de 3-4 kms/h
Comezará o día 17 de marzo
Consulta máis información na web da Federación de ANPAS da Costa da Morte

xoves, 22 de febreiro de 2018

Xornadas de portas abertas. Coñece os centros de Vilarodis e Barrionovo

Si  o teu fillo comeza a escola o próximo curso 2018-2019 deberías estar xa mirando en que escola queres inscribilo. Se queres coñecelos, todos fan xornada de portas abertas:
O concello de Arteixo avisa destas xornadas para os próximos días:

  • O colexio Barrionovo de Pastoriza celebrara esta xornada o 6 de marzo ás 17 h 
  • O CEIP Vilarrodís será o próximo 27 de febreiro ás 16.00 h. 

Aproveita a ocasión para coñecelos.

venres, 16 de febreiro de 2018

INICIATIVAS A PROL DA COEDUCACIÓN


No Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña están a desenvolver unha actividade de formación para profesorado “A educación a debate”.
Esta actividade está aberta para nais e pais dado o interese que para eles teñen as temáticas que se tratan.

A vindeira sesión será:
- Lugar: Aula 1.1 (primeiro andar) no edificio da UNED, r/ Educación, 3
- Data e hora: Luns, 20 de febreiro, de 19:00 a 21:00.
- Relatoras:
MÓNICA MARTÍNEZ BALEIRÓN (Asesora de Igualdade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)
SONIA FERNÁNDEZ CASAL (IES Plurilingüe Fontexería - Muros)
ANA TORRES JACK (Orientadora e autora de "Máis aló do azul e do rosa"- CPI Cruz do Sar)